Unha masa de aire polar chega este luns a Galicia e poderá nevar a 600 metros

Unha masa de aire polar esborralla as temperaturas

O arranque da nova semana estará marcado por un descenso notable das temperaturas en Galicia, o norte de España e outros puntos da península, ademais de vento forte no litoral galego. Unha masa de aire polar comezará a afectar este nbsp;luns&á comunidade e, aínda que predominarán os ceos pouco nubrados ou despexados en xeral, no extremo norte haberá posibilidade de chuvascos e, nas zonas altas, de strong <>nevadas.

En concreto, na Mariña e no norte da Coruña espéranse precipitacións débiles que poderían puntualmente alcanzar maior intensidade e ir acompañadas de tormentas. Prevese neve por encima dos 600 metros, segundo a predición de Meteogalicia. 

O descenso das temperaturas será notable nas máximas salvo no litoral e no Miño de Ourense e Pontevedra. As mínimas rexistraranse nas últimas horas do día. Así, na cidade de strong <>Lugo os termómetros marcarán mínimas de 1 grao, mentres que en strong <>Santiago, Ourense e Pontevedra non baixarán de catro graos.

En canto aos valores máximos, en strong <>Vigo está previsto que se alcancen os 15 graos, por encima dos 13º da Boa Vila e dos 9 que rexistrará a capital lucense no momento máis cálido da xornada, segundo as estimacións do instituto meteorolóxico galego.

Comentarios