sábado. 08.08.2020 |
El tiempo
sábado. 08.08.2020
El tiempo

Crecen un 11% os positivos en residencias galegas, onde faleceron outros oito maiores

Residencia DomusVi en Barreiro. GOOGLE MAPS
Residencia DomusVi en Barreiro. GOOGLE MAPS
Contabilízanse 657 casos entre residentes e 232 entre traballadores. Trasladados outros dous maiores de Aldán a Nigrán

As cifras de mortes e contaxios por coronavirus nas residencias de maiores de Galicia experimentaron un novo repunte nas últimas horas, segundo reflicten as últimas estatísticas actualizadas da Consellería de Política Social.

Oito novos decesos elevan a 42 o número de maiores falecidos nas propias residencias, sen contar os falecidos en hospitais. Son tres en Barreiro (Vigo), dous en Cangas, e un en Celanova, A nosa Señora da Esperanza-San Rosendo (Ourense) e O Portazgo (A Coruña).

En canto aos contaxios, rexístrase un repunte dun 11% con respecto ao reconto do domingo con 103 casos máis entre residentes, para elevar a cifra a 657, e entre traballadores, 23 máis, para un total de 232.

Gran parte deses novos contaxios confirmados corresponden ao centro DomusVi San Lázaro, que acumula 85 positivos entre pacientes, 42 máis que no parte do domingo, e 30 traballadores, 19 máis. Tamén á residencia San José Otero (Santiago), que pasou de 5 a 22 usuarios, ademais dun traballador.

Entre as dúas residencias intervidas pola Xunta, DomusVi Barreiro e DomusVi Cangas, suman 28 falecidos, 16 nas súas propias instalacións máis outros 12 en hospitais, e 166 contaxios, ademais dos 28 entre traballadores. Na de Cangas, en concreto, contábanse a última hora do domingo 102 positivos en Covid-19 e 11 usuarios falecidos. E había 17 traballadores afectados.

Con todo, a residencia da Nosa Señora da Esperanza segue sendo o principal foco de Covid-19, con 140 contaxios (106 usuarios e 34 profesionais), ademais de oito residentes falecidos.

Ademais, hai 41 afectados en San Carlos de Celanova; 37 no Portazgo da Coruña; 22 na da nosa Señora de Fátima do Barco de Valdeorras; 17 na Concepción Arenal da mesma localidade; 17 na San Pedro de Crecente; 15 na Moledo de Vigo; outras 15 no CRAPD da cidade olívica; 14 na DomusVi Matogrande da Coruña; 10 na Claudina-Somoza; 8 na residencia Fogar Bellolar da Coruña; 14 na de Castro Caldelas, e 5 na Foz, entre outros centros.

Á vez que aumenta a cifra de maiores afectados tamén crece a de traballadores dos propios centros. Desde o domingo contabilizáronse 23 casos novos no persoal, ata os 232 en total. Os principais focos entre os empregados están na residencia A Nosa Señora da Esperanza de Ourense (34), a DomusVi San Lázaro (30), Divino Mestre de Ourense (19), O Portazgo (18), San Carlos de Celanova (18) e DomusVi Cangas (17).

En canto aos centros de discapacitados, a cifra de contagios ascende a 50 usuarios, un máis que no anterior reconto, e a 40 traballadores, un máis. Os positivos no CAPD de Redondela ascende a 49, igual que no anterior reconto.

Trasladados outros dous maiores de Aldán a Nigrán
O traslado doutros dous residentes do centro xeriátrico DomusVi de Aldán, en Cangas, eleva a 21 os usuarios das residencias intervidas pola Xunta que foron reacollidos na residencia de tempo libre do Goberno galego en Nigrán.

O pasado xoves foron trasladados a ese centro, situado en Panxón, catro usuarios da residencia DomusVi do barrio vigués de Barreiro; mentres que este domingo foron levados outros 15 maiores, 7 desde Barreiro e 8 desde Aldán.

Crecen un 11% os positivos en residencias galegas, onde faleceron...
comentarios