Cs acorda buscar pactos con PP e PSOE para as eleccións en Galicia, País Vasco e Cataluña

A portavoz da Xestora de Ciudadanos pide a Feijóo que antepoña a "loita contra os movementos nacionalistas" ás "individualidades"
Inés Arrimadas, este viernes en el Congreso. EFE
photo_camera Inés Arrimadas. EFE

A portavoz da Xestora de Ciudadanos, Melissa Rodríguez, instou ao presidente da Xunta e líder dos populares galegos, Alberto Núñez Feijóo, a antepor a "loita contra os movementos nacionalistas" ás "individualidades" para unir forzas ante as eleccións galegas que se celebrarán este ano. Así o indicou este mércores na rolda de prensa posterior a que a Comisión Xestora de Ciudadanos aprobase que o partido explore posibles alianzas "constitucionalistas" e "transversais" con formacións como o PP e o PSOE e membros da sociedade civil para as próximas eleccións autonómicas no País Vasco, Galicia e Cataluña

Esta proposta da portavoz no Congreso, Inés Arrimadas, saíu adiante por unanimidade, segundo informou a portavoz da Xestora, Melisa Rodríguez, en rolda de prensa na sede de Cs. Votaron os 16 integrantes, aínda que Luís Garicano e Marina Bravo non estaban na sede e participaron por videoconferencia. 

Segundo explicou, a dirección provisional da formación laranxa considera que, nun "momento excepcional" nos tres territorios pola "ameaza" do nacionalismo, é necesario buscar eses acordos para os comicios deste ano.

A dirección provisional da formación laranxa considera que, nun "momento excepcional" neses tres territorios pola "ameaza" do nacionalismo, é necesario buscar eses acordos

GRUPO DE TRABALLO. Diso encargarase un grupo de traballo constituído o pasado 16 de decembro ante posibles adiantos electorais e formado por membros da Xestora: Manuel García Bofill, Joan Mesquida, Carlos Cuadrado, Marina Bravo, Andrés Betancor, Miguel Gutiérrez, Beatriz Pino, José María Espejo-Saavedra, Fran Hervías e Melisa Rodríguez. Sobre a dificultade de que o PSOE se incorpore ás posibles coalicións, a portavoz dixo que esperan que poida "rectificar" ante a "ameaza nacionalista" e que mire máis aló dos seus intereses como partido e do "embigo" do seu líder e presidente do Goberno, Pedro Sánchez. 

Aínda que admitiu que ven ao PSC "tirado en brazos do nacionalismo", Rodríguez asegurou que seguirán intentando que os socialistas decidan "pensar máis no país e nos cidadáns" e "menos no colchón e as cotas de poder". E aínda que o PSOE como partido optase por non participar neses acordos "transversais", na formación laranxa cren que poderían sumarse figuras da socialdemocracia que rexeitan "a deriva" de Sánchez cos nacionalistas.

Beatriz Pino forma parte do equipo de traballo que explorará alianzas con PP, PSOE e membros da sociedade civil contra o nacionalismo 

NEGATIVA DE FEIJÓO EN GALICIA. Outro dos obstáculos que se presentan é a negativa do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, a concorrer ás eleccións en coalición con Ciudadanos. A este respecto, a dirixente de Cs espera que "as individualidades non estean por encima da loita contra os movementos nacionalistas", tampouco en Galicia.  Segundo a Xestora, nesta comunidade existe un risco de que o PSOE pacte co BNG tras os comicios, despois do acordo ao que chegaron para a investidura de Sánchez e que "supón unha equiparación co que sucede en Cataluña e no País Vasco". 

Sobre a posibilidade de que o PP aceptase unha alianza para as eleccións catalás e as vascas pero non para as galegas, Rodríguez indicou que o encargo da Xestora ao grupo de traballo é "estudar a posibilidade dun acordo transversal nas tres comunidades". 

Cs asegura que non vetará a ningún candidato do PP a lehendakari

Tampouco aclarou se Ciudadanos aceptaría ir ás urnas en coalicións que ao final sexan só co PP, argumentando que acaban de aprobar a proposta de Arrimadas e non poden adiantar xa acontecementos. 

En canto á persoa que encabezaría a candidatura en Cataluña, afirmou que a candidata de Cs "hoxe" é Lorena Roldán, xa que gañou as primarias o pasado xullo. Pero engadiu que aínda non se debateron nomes". 

Comentarios