Decretan ingreso en prisión para o detido nunha liorta en Ourense

O home está sendo investigado por dous delitos en grado de tentantiva por agredir con arma branca a outro, que precisou asistencia médica

O xulgado de instrución número 3 de Ourense, en funcións de garda, decretou o ingreso en prisión para un home que foi detido nunha liorta ocorrida o pasado día 18 deste mes no barrio ourensán de Covadonga.

Segundo comunicaron fontes do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG), o home pasou este luns a disposición xudicial pola súa presunta implicación nunha pelexa ocorrida o pasado fin de semana neste barrio da cidade.

Fontes policiais indicaron a Efe que neste home, no transcurso dunha discusión nun bar entre tres persoas, agrediu a un deles cunha arma branca. Debido ás feridas, a vítima requiriu asistencia médica e tivo que ser trasladado ao hospital ourensán. 

Ao home investígaselle "por dous delitos en grao de tentativa", apuntaron fontes xudiciais. Por estes feitos, o detido ingresou en "prisión provisional comunicada e sen fianza". 

Comentarios