Extinguido o incendio de Mondariz tras arrasar 159 hectáreas

O lume, ao parecer intencionado, obrigou a desaloxar a algúns veciños "por precaución"

Mondariz, horas después del voraz incendio que devoró 150 hectáreas. SALVADOR SAS
photo_camera Incendio forestal en Mondariz. SXENICK (EFE)

O incendio declarado este domingo pola tarde na parroquia de Sabaxáns, no municipio pontevedrés de Mondariz, que obrigou decretar a situación 2 por risco para as persoas, quedou extinguido a as 19.53 horas deste martes, tras máis de dous días de actividade nos que queimou 159 hectáreas. O lume, ao parecer intencionado, obrigou a desaloxar algúns veciños, a poucos días de cumprirse un ano dos voraces lumes que se cobraron catro vidas en Galicia.

En declaracións a Europa Press, o conselleiro de Medio Rural, José González, sinalaba a última hora do domingo que a situación estaba "máis tranquila" e que xa non existía "perigo para as vidas".  Os veciños do lugar de Barro foron conducidos "por precaución" á igrexa da parroquia de Gargamala e ata o lugar desprazáronse ambulancias por se se rexistraban problemas respiratorios a consecuencia do intenso fume que había na zona e dado que moitos son persoas maiores, pero ningún requiriu asistencia médica e á primeira hora da madrugada puideron regresar ás súas casas.

Tras retirarse os dez helicópteros que se mobilizaron á noitiña, participaron nos labores de extinción un técnico, oito axentes, 25 brigadas, 16 motobombas, catro pas e un tractor.Tamén actuaron os efectivos da Unidade Militar de Emerxencias ( UME) e de Protección Civil. O conselleiro do Medio Rural, José González Vázquez explicou que non puido enviarse un hidroavión a este incendio debido á hora á que se declarou, porque non daba tempo a que chegase e fixese algunha descarga, polo que se optou por helicópteros, que son máis rápidos. 

CRÍTICAS AO OPERATIVO. A tenente de alcalde de Mondariz, Mónica Peralba, cuestionou a "tardanza" dos medios aéreos e que existía descoordinación entre os efectivos de extinción, que de feito lle preguntaron por onde tiñan que actuar. Acerca de estas queixas, o conselleiro do Medio Rural cualificou de "magnífico" o tempo de reacción desde que se declarou o lume e defendeu o operativo destinado nos labores de control das chamas. Segundo os datos de Medio Rural, o primeiro medio en chegar ao lugar do incendio foi precisamente un helicóptero e fíxoo ás 18.30 horas, é dicir, 13 minutos despois de declararse o lume. Seis minutos despois chegou o segundo helicóptero, ata completar un total de dez, que con todo tiveron que retirarse coa caída da noite. 

QUINTO INCENDIO NA ZONA. Precisamente pola hora á que se iniciaron as chamas e dado que o deste domingo é o quinto incendio na zona desde o 1 de outubro, o conselleiro indicou que "dá que pensar", aínda que se remitiu ás investigacións posteriores para discernir se efectivamente foi provocado. 

Comentarios