Deixa o coche abandonado tras sufrir un espectacular accidente en Cambados

O vehículo voou varios metros polo aire ata encaixarse contra unha furgoneta

Accidente en Cambados, @Emerxencias Cambados
photo_camera Accidente en Cambados, @Emerxencias Cambados

Un condutor abandonou o vehículo que conducía e co que sufriu un espectacular accidente este domingo de madrugada en Cambados.

O coche quedou montado sobre unha beirarrúa tras voar varios metros e impactar contra unha furgoneta. O sinistro produciuse ao redor das 7.50 horas na Avenida de Vilargarcía, na zona de Corvillón. A Garda Civil trata de localizar ao condutor.