Sorprenden un home vestido de Papá Noel cando saía da casa duns amigos en Marín

A Policía Local de Marín lembra que este paseo de Nadal, en pleno mes de abril, non está considerado un servizo esencial
Vehículo da Policía Local de Marín. DP
photo_camera Vehículo da Policía Local de Marín. DP

Nin Papá Noel se libra de cumprir as medidas de confinamento decretadas polo estado de alarma en España. Sábeo ben un home que intentou saltarse as restricións disfrazado deste popular personaxe do Nadal.

Axentes da Policía Local interceptárono na madrugada deste mércores, preto das dúas, cando saía do piso duns amigos.

O home enfróntase a unha multa de entre 600 e 30.000 euros

O home, segundo explicou a Policía Local de Marín, ía disfrazado de Papá Noel e foi denunciado por infrinxir as limitacións de movemento, xa que este corpo recorda nun comunicado con sarcasmo pero contundencia que este paseo de Nadal, en pleno mes de abril, non está considerado un servizo esencial.

Este home, segundo confirman as autoridades, enfrontarase a unha multa que oscilará entre os 600 e os 30.000 euros.

A Policía Local de Marín, a través das redes sociais, sinalou, nunha sorte de adoctrinamiento previsor, que ningún personaxe do Nadal pode permanecer na vía pública durante o tempo de obrigatoria reclusión. 

Comentarios