Denunciados en Vigo catro usuarios de patinetes eléctricos por diferentes infraccións 

A circulación temeraria ou mesmo o consumo de drogas foros algunhas das neglixencias cometidas polos usuarios
Patinete eléctrico. ARCHIVO
photo_camera Patinete eléctrico. ARCHIVO

A Policía Local de Vigo denunciou a catro usuarios de patinetes eléctricos durante a pasada fin de semana por diferentes infraccións.

Segundo informaron fontes policiais, o domingo pola noite foron interceptados un home e unha muller, circulando en senllos patinetes, e que o facían en sentido contrario pola calzada na rúa Colombia. 
Por outra banda, tamén se formulou denuncia contra outros dous usuarios deste tipo de vehículos de mobilidade persoal na madrugada deste luns.

O primeiro deles foi localizado na rúa Jenaro de la Fuente, circulando a gran velocidade pola beirarrúa e facendo zigzag. O condutor de patinete, de 29 anos de idade, non levaba ningún dispositivo luminoso e, ademais, deu positivo no test de alcoholemia (0,48 e 0,46 mg/l) e de drogas (cocaína).

O outro condutor denunciado esta madrugada foi interceptado na Travesía de Vigo, cando circulaba "de forma perigosa", sen dispositivo de iluminación, e após saltarse dous semáforos en vermello.