Denuncian que 500 membros de Seaga "están en casa" e que a "solución" sexa a Ume

Os comités das catro provincias critican que se espere "a que a situación estea fóra de control" para mobilizar ás brigadas

Una brigada extingue un incendio. ARCHIVO
photo_camera Unha brigada extingue un incendio. ARQUIVO

Traballadores de Seaga denuncian que os 500 efectivos desta empresa pública dependente da Consellería de Medio Rural "están en casa" mentres "neste 2019 xa arderon máis hectáreas que en todo 2018". 

Nun comunicado, os comités de Seaga das catro provincias critican que "parece" que a Xunta "espera a que a situación estea fóra de control para mobilizar ás brigadas do Spdcif e de Seaga".

Por iso, chaman a mobilizar aos efectivos igual que se fixo que na vaga de incendios de 2017, xa que "os compañeiros de Seaga do distrito IV onde se atopa o lume de Dodro-Rianxo, que ameaza vivendas, coñecen o terreo como a palma da man, pero non son chamados a traballar". En cambio, lamenta que "a única solución que achega hoxe a Consellería para frear esta vaga de lumes é o despregamento da Ume". 

A continuación, censuran que Medio Rural lle retirou a Seaga a encomenda de incendios en aras dunha suposta unificación do servizo que non dá chegado", pero "a eficacia" dos profesionais que coñecen o terreo "é indiscutible". 

De tal forma, avisan de que co comezo da primavera "a provincia da Coruña arde de punta a punta", polo que preguntan: "Cando pensa tomar medidas o conselleiro de Medio Rural?". 

Así mesmo, os empregados de Seaga quéixanse de que "a modificación do decreto que debería puntuar a experiencia está parado en Función Pública", á vez que se preguntan se "existen intereses ocultos para que non se publique" e que "os de Seaga queden fose do servizo de extinción".

Comentarios