Denuncian a morte de dous pacientes nos corredores do hospital de Santiago

A médico Fátima Nercellas expuxo ante a comisión "alternativa" de Sanidade a "precariedade" no servizo de Urxencias

O Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (CHUS). EP
photo_camera Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (CHUS). EP

Profesionais médicos denunciaron este venres nun xulgado o falecemento de dúas persoas nos corredores do servizo de Urxencias do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela (Chus). Segundo precisaron, a Fiscalía abriu dilixencias informativas.

Así o indicou a médica de urxencias do citado centro médico Fátima Nercellas na súa comparecencia nunha reunión da comisión "alternativa" integrada só polos grupos da oposición do Parlamento de Galicia que investiga o impacto dos recortes orzamentarios no sistema de saúde e que funciona á marxe da que esa Cámara desenvolve só con presenza de deputados do PPdeG.

Nercellas explicou que este venres pola mañá denunciou a situación de precariedade e de colapso no servizo de Urxencias do citado hospital que derivou na "deterioración" da saúde de dous pacientes durante a súa espera nos corredores, que acabaron "falecendo". Iso ocorreu a pesar dos avisos que os profesionais médicos fixeron á dirección do centro e ao Sergas, o organismo da Xunta que xestiona o sistema de saúde pública, aos que enviaron "tres alertas" que non foron atendidas, segundo a profesional médica.

Comentarios