domingo. 09.08.2020 |
El tiempo
domingo. 09.08.2020
El tiempo

Denuncian a morte dun pasaxeiro que morreu 14 horas despois de sufrir un infarto en Lavacolla

Pasaxeiros en Lavacolla. PEPE FERRÍN (AGN)
Pasaxeiros en Lavacolla. PEPE FERRÍN (AGN)

O comité do aeroporto compostelán pide que repoñan o servizo médico nas instalacións

 

O comité de empresa do aeroporto de Santiago de Compostela reclamou a reposición do servizo de asistencia médica nesas instalacións, tras a morte dun pasaxeiro por mor dun infarto.

Nun comunicado, o citado comité indica que o pasaxeiro sufriu un infarto o pasado 3 de abril no aeroporto da capital galega e faleceu catorce horas despois no hospital Clínico de Santiago de Compostela.

Considera que ese episodio "corrobora a posición dos representantes dos traballadores de que a eliminación do servizo sanitario" do aeroporto está "totalmente afastado de calquera criterio sanitario".

Apunta que, no seu lugar, as autoridades aeroportuarias estableceron un acordo co servizo de Urxencias Sanitarias da Xunta que non é efectivo.

Os traballadores defenden que a eliminación do servizo sanitario" do aeroporto está "totalmente afastado de calquera criterio sanitario"

O comité reprocha a actitude da firma Aena, que xestiona o aeroporto compostelán de Lavacolla, que a pesar de ter cuantiosos beneficios aplicas "políticas de recorte" orzamentario que "están a ter consecuencias nos servizos prestados aos usuarios e traballadores".

Advirte, ademais, de que o aeroporto atravesa un momento de máis "actividade que nunca" xa que "non paran de crecer o número de pasaxeiros e de destinos".

Por iso, reclama repolo xa que a celebración en 2021 do ano xacobeo, que levará un incremento aínda maior, supón que o aeroporto "necesita un servizo sanitario á altura de tal acontecemento".

Denuncian a morte dun pasaxeiro que morreu 14 horas despois de...
comentarios