Denuncian unha nai por deixar o seu fillo na rúa mentres facía a compra en Vigo

A Policía Local de Vigo impuxo 45 denuncias nun día por non cumprir o confinamento
Estante de cereais nun supermercado. EP
photo_camera Un supermercado. EP

A Policía Local de Vigo denunciou a unha nai que deixou ao seu fillo, menor de idade, só na rúa mentres ela facía a compra.

Ésta é unha das 45 novas denuncias que impuxo a Policía Local nas últimas horas por incumprir o confinamento, segundo detallou en rolda de prensa telemática o alcalde, Abel Caballero.

Outras estiveron relacionadas cun bar coa persiana baixada onde había clientes dentro ou cun grupo de catro mozos que estaban na rúa.

Con estas novas 45 propostas de sanción trasladadas á Subdelegación do Goberno en Pontevedra son xa 769 desde o pasado 16 de marzo.

O alcalde insistiu unha vez máis na necesidade de que os cidadáns permanezan confinados nas súas casas mentres duren as restricións á mobilidade decretadas polo Goberno.