miércoles. 24.02.2021 |
El tiempo
miércoles. 24.02.2021
El tiempo

Denuncian novos ataques de cans salvaxes a vacas en Palas de Rei

Una de las vacas heridas de gravedad. TVG
Unha das vacas, ferida de gravidade. TVG
"Ninguén fai nada, ata que pase unha desgraza", alerta o granxeiro

Un granxeiro de Palas de Rei está completamente desesperado polos reiterados ataques dun grupo de cans salvaxes ás súas vacas, tal e como informou a TVG. Nesta última ocasión, os seus animais escaparon da leira na que se atopaban, provocando varias desfeitas e obrigando ao home a buscalas sen descanso.

"Viven ao lado da estrada xeral. Non é a primeira vez que van para alí e xa houbo un accidente", alerta Ángel, o granxeiro, ante as cámaras da televisión autonómica de Galicia.

O home está farto de denunciar a súa situación, "e ninguén fai nada, ata que pase unha desgraza". Ademais, Ángel debe que custear os danos causados polas súas vacas mentres foxen do ataque dos cans, o que se suma aos gastos médicos da atención dos animais feridos.

VACA SACRIFICADA. Porque o peor de todo isto é o dano que están a sufrir de forma recorrente as vacas. Unha delas xa tivo que ser sacrificada tras un ataque anterior e outras moitas sufriron feridas de gran consideración –como o exemplo da imaxe que ilustra esta noticia–.

Moitos dos animais, de feito, son irrecuperables por mor dos ataques e Ángel non pode facer fronte a uns coidados que, por outra banda, "non garanten nada".

Denuncian novos ataques de cans salvaxes a vacas en Palas de Rei
comentarios