Denuncian a unha veciña de Ferrol que circulaba en bicicleta e vestida con pixama

A muller transitaba pola N-651 e reacciono de forma violenta contra os axentes que a localizaron
Proc/JFIF/EFE-Calidad:Excelente
photo_camera Control de mobilidade en Ferrol. EFE

A Policía Local de Ferrol tramitou unha denuncia por infrinxir a orde de confinamento contra unha veciña do ferrolán barrio de Caranza que circulaba en bicicleta e vestida con pixama pola estrada nacional N-651.

Ocorreu o pasado domingo ao redor das 13.00 horas, cando unha patrulla da Policía Naval localizou a esta muller, que reaccionou "de forma alterada" contra os axentes.

Segundo recolle un comunicado do concello ferrolán, ao ser abordada polos policías, a investigada tirou a bicicleta ao chan e gritou aos axentes se "terían valor para levarlla detida".

Minutos despois, a muller montou de novo na súa bicicleta e, sen identificarse, empredió a marcha en dirección á súa vivenda. Alí foi finalmente identificada por axentes da Policía Local, aos que chegou a enfrontarse mostrando "unha actividade violenta".

MUGARDOS. Por outra banda, un veciño de Mugardos que foi descuberto o pasado luns na zona vella de Ferrol, a uns 20 quilómetros do seu lugar de residencia, alegou que se desprazou ata a cidade naval para comprar tabaco.

Este home foi proposto para sanción pola Policía Local de Ferrol, que tamén formulou outra denuncia contra un individuo que circulaba pola cidade co seu coche cargado de material de construción.

Comentarios