jueves. 28.05.2020 |
El tiempo
jueves. 28.05.2020
El tiempo

Desarticulan unha organización que se dedicaba a roubar en tendas de telefonía

Material incautado pola Garda Civil. EP
Material incautado pola Garda Civil. EP

Os axentes seguiron os arrestados ata O Corgo, onde procederon á súa detención

A Garda Civil detivo os integrantes dun grupo organizado que se dedicaba a roubar en tendas de telefonía. Impútanselles 25 delitos nos que obtiveron beneficios duns 230.000 euros, aproximadamente.

A denominada operación Mobile, levada a cabo pola Garda Civil, iniciouse a finais do mes de febreiro por un roubo nunha tenda de Sada. A pesar de non deixar pegadas, e a inexistencia de testemuñas, conseguiron identificar o vehículo utilizado para o desprazamento, aínda que os autores cambiaban de vehículo habitualmente.

Os axentes tamén constataron a presenza do grupo en numerosas localidades ata as que se desprazaban co único fin de cometer este tipo de delitos. A organización estaba altamente especializada e desprazábase desde Madrid, o seu lugar de residencia, ata diversas tendas de toda a península.

O pasado mércores, o seguimento conduciu aos investigadores ata a localidade de Cee, onde cometeron outro roubo. Os axentes seguiron aos arrestados ata O Corgo, onde procederon á súa detención.

Os integrantes foron postos en liberdade, pero continúan sendo investigados.

Desarticulan unha organización que se dedicaba a roubar en tendas...
comentarios