O descarrilamento dun tren herbicida bloquea o tráfico ferroviario entre Galicia e Madrid

Centos de galegos están a verse afectados pola incidencia

O descarrilamento dun tren herbicida á altura de Valorio, en Zamora, mantén interrompido este mércores o tráfico ferroviario entre Puebla de Sanabria e a capital zamorana, traxecto que se está realizando en autobús. Ata agora víronse afectados todos os trens que comunican Galicia e Madrid, en ambos os sentidos.

Centos de galegos están a verse afectados por esta incidencia. Ás 11 horas, continuaban os traballos para retirar o vagón descarrilado e prevíase que poderían alargarse durante varias horas. Os trens herbicida encárganse do mantemento das vías, especialmente da retirada de vexetación.

Esta é unha nova incidencia na conexión entre Galicia e a meseta, que desde o 8 de maio viuse afectada as obras da alta velocidade.

Comentarios