martes. 26.10.2021 |
El tiempo
martes. 26.10.2021
El tiempo

Descenden a 102 os contaxios de covid-19 en Galicia e a 116 os hospitalizados

Persoas de paseo por Pontevedra. DAVID FREIRE
Persoas de paseo por Pontevedra. DAVID FREIRE
A taxa de positividade aumenta a un 4,3% e os casos activos baixan a 2.580 na comunidade

Galicia rexistra este venres 2.580 casos activos por covid-19, 184 menos que un día antes, nunha xornada na que sumou 102 contaxios novos (trece menos) e na que volve descender a presión asistencial, con tres persoas ingresadas menos.

Segundo o Servizo Galego de Saúde, ata as 8.00 horas do xoves había nos hospitais galegos 116 persoas con covid; das que 32 estaban na Uci (unha máis) e 84 en planta (catro menos).

Desde que comezou a pandemia en Galicia contaxiáronse 181.545 persoas con covid, das que se curaron 176.385 e faleceron 2.614, dúas delas notificadas nas últimas horas. 

A incidencia acumulada segue caendo en Galicia por baixo da media do país e sitúase en 82,3 casos por cada cen mil habitantes a catorce días por 96,3 do resto de España; mentres que a sete días é xa de 29,7 casos, o que supón dez puntos menos que a media, situada en 39 casos por cada cen mil habitantes, segundo os datos do Ministerio de Sanidade.

Por áreas sanitarias, todas elas continúan en descenso e a de Ferrol baixou de 100 casos (88) tras non rexistrar ningún contaxio novo por terceiro día nesta semana.

Descenden a 102 os contaxios de covid-19 en Galicia e a 116 os...
comentarios