Descenden os casos en residencias galegas até 384 maiores e 242 traballadores

Hai 12 novos infectados en DoralResidencias de Mos 
 
Unha traballadora suxeita a man dunha muller nunha residencia de Celanova. BRAIS LORENZO
photo_camera Unha usuaria dunha residencia de maiores. BRAIS LORENZO

Os usuarios de residencias con coronavirus descenderon a 384 -17 menos que o xoves-, despois de 22 novos positivos, tres falecidos e 36 altas. Mentres, os traballadores infectados baixan a 242 -sete menos-. 

Segundo os datos actualizados este venres polas consellerías de Sanidade e Política Social, detectáronse unha ducia de positivos en en DoralResidencias de Mos; oito, en Nosa Señora das Virtudes de Pontedeume; así como unha na residencia de maiores de Monforte e outro na de Santa Olalla de Boqueixón. 

Deste xeito, as residencias con máis usuarios contaxiados son: a DomusVi Ribadumia, con 72; Nosa Señora das Virtudes de Pontedeume, con 50; a Ballesol Vigo, con 41; a Residencia de Salvaterra do Miño, con 32; a Residencia San Cibrao de Cervo, con 31; Nosa Señora dos Miragres de Barbadás, con 21; DomusVi Coruña de Oleiros, con 19; Nosa Señora dos Anxos de Ribadavia, con 19; Fogar Residencial San Miguel de Silleda, con 13; e Santa Olalla de Boqueixón e As Fragas de Pontedeume, con 12 cada unha. 

En canto aos traballadores de residencias contaxiados en Galicia, descenderon en sete até 242. Hai dous novos positivos en DoralResidencias de Mos, así como un novo na residencia de Vilaboa (Pontevedra) e outro na DomusVi de Chantada. 

Deste xeito, as residencias con máis empregados contaxiados con covid son: Residencia Nosa Señora dos Miragres de Barbadás, con 36; Residencia DomusVi Ribadumia, con 29; Residencia de Salvaterra do Miño, con 27; Nosa Señora das Virtudes de Pontedeume, con 18; Residencia San Cibrao, con 15; Ballesol de Vigo, con 12; Santa Olalla de Boqueixón, con 10.

CENTROS DE DISCAPACIDADE. Pola súa banda, nos centros de atención a persoas con discapacidade mantense este venres a cifra de 32 usuarios infectados. 

Así mesmo, rexistrouse o alta dun traballador da residencia do Imserso de Bergondo, de forma que os empregados positivos nestes centros baixan a 16. 

Dos 32 usuarios, 17 está na DomusVi de Bóveda e 15 na residencia San Vicente de Paúl de Lugo. 

Comentarios