Un desencontro co cura deixa sen festa do Carme aos veciños de Barra de Miño

A comisión, que tiña contratada a orquestra Olympus, e o párroco non se puxeron de acordo e ao final só haberá unha misa nesta parroquia de Coles

Un desencontro entre o párroco de Barra de Miño e a comisión de festas vai deixar sen festas do Carme esta localidade do concello ourensán de Coles. Ao parecer, o cura era partidario de celebralas a fin de semana do 21 de xullo e a comisión xa tiña contratada para este sábado unha orquestra, concretamente a Olympus.

Ao final, cruce de reproches. A comisión di que o sacerdote fixo o posible para que non se celebraran apelando aos "acordos sagrados do pobo", segundo a TVE. E el négao rotundamente.

En Barra de Miño estaban ilusionados con ter verbena logo de seis anos sen festas, pero terán que confirmarse cunha misa na honra da Virxe do Carme o propio sábado.

Comentarios