sábado. 06.06.2020 |
El tiempo
sábado. 06.06.2020
El tiempo

Deteñen a un mozo en Monforte que escalaba vivendas para entrar a roubar

Comisaría da Policía Nacional de Monforte. AEP
Comisaría da Policía Nacional de Monforte. AEP

O arrestado xa estaba en busca e captura por unha agresión sexual

Axentes da Policía Nacional detiveron en Monforte de Lemos a un mozo de 21 anos de idade como suposto autor de varios roubos perpetrados en vivendas de diferentes localidades das provincias de Lugo e Ourense, coa particularidade de que para acceder ao interior das casas escalaba a fachada das mesmas.

Segundo informou o Corpo Nacional de Policía, ao detido, que xa estaba en situación de busca e captura por unha agresión sexual, impútanselle varios delitos de roubo con forza en diversas localidades e outro de roubo no interior dun vehículo.

A Policía aclara que nos últimos meses producíronse na localidade de Monforte e noutras próximas diversos roubos, tanto en domicilios como en vehículos, cun "modus operanti similar".

No caso dos domicilios, o ladrón escalaba a fachada das casas, forzaba unha fiestra e, a través dela, accedía ao interior das vivendas.

O detido é un mozo, engade, cun "longo historial delituoso", que xa estaba a ser buscado por unha agresión sexual. Foi posto a disposición do Xulgado de Instrución número 1 de Monforte de Lemos, que decretou o seu ingreso en prisión. 

Deteñen a un mozo en Monforte que escalaba vivendas para entrar a...