Detectado un brote con oito casos positivos nun edificio de Monforte de Lemos

Persoal sanitario do Sergas está a facer as correspondentes probas PCR no inmoble co fin de confirmar outros posibles casos
Rúa Duquesa de Alba. MIGUEL PIÑEIRO
photo_camera Rúa Duquesa de Alba. MIGUEL PIÑEIRO

O Concello de Monforte de Lemos informou da existencia dun brote con oito casos positivos por Covid-19 nun edificio da cidade. 

Nun comunicado remitido aos medios, o Consistorio explica que desde a Área Sanitaria de Lugo trasladóuselles aos responsables municipais a existencia de oito casos positivos no número 41 da rúa Duquesa de Alba. 

Así mesmo, sinala que persoal sanitario do Sergas está a facer as correspondentes probas PCR no edificio co fin de confirmar outros posibles casos. 

O Concello deu conta de que puxo a disposición do persoal sanitario aos efectivos da Policía Local que, xunto con outros membros doutros corpos e forzas de seguridade do estado, colaboran na realización de ditas PCR. 

O Consistorio sinalou que ten o compromiso por parte das autoridades sanitarias correspondentes de que seguirá sendo informado sobre a evolución das probas levadas a cabo en relación a este brote. 

Comentarios