miércoles. 25.11.2020 |
El tiempo
miércoles. 25.11.2020
El tiempo

Detectado nun colexio de Lalín un brote de hepatite A

El colegio Xesús Golmar de Lalín. ARCHIVO
El colegio Xesús Golmar de Lalín. ARCHIVO
Sanidade recomenda a escolares, familiares e docentes vacinarse para unha maior protección

A Consellería de Sanidade detectou un brote de hepatite A nun colexio do municipio pontevedrés de Lalín, polo que recomenda vacinarse por ser "a mellor protección" fronte a esta enfermidade. Ata agora están confirmados seis contaxios en escolares e catro en adultos.

Segundo informou Sanidade, o centro de saúde de Lalín xa comezou este luns a vacinación de hepatite A recomendada aos escolares, docentes e familiares directos do CEIP Xesús Gomar deste municipio, onde se detectaron varios casos. 

En concreto, o Sergas destina tres profesionais de enfermería a realizar a vacinación en quendas de mañá e tarde desde este luns ata o próximo día 28 de febreiro. 

Sanidade explicou que, tras a comunicación de varios "casos de hepatites A en alumnos" do CEIP Xesús Golmar, recomendou a vacinación aos escolares e profesores dos cursos afectados, así como aos seus contactos máis próximos. 

O pasado venres, a Xefatura Territorial da Consellería de Sanidade en Pontevedra remitiu unha carta aos familiares e docentes a través da dirección do centro escolar na que especificaba a recomendación da vacinación e outra información sobre a enfermidade, sintomatoloxía e como previr o contaxio, indicaron as mesmas fontes. 

Ademais, convocouse aos escolares, docentes e familias a unha reunión na tarde deste luns con persoal de Saúde Pública e do centro de saúde da localidade "para aclarar todas as dúbidas", manifestou a Consellería.

SÍNTOMAS E PROTECCIÓN. Sanidade concretou que a hepatite A é unha enfermidade infecciosa aguda producida polo virus VHA. As manifestacións da infección abarcan desde un período de síntomas inespecíficos, como a falta de apetito, náuseas e malestar xeral, ata a ictericia –cor amarela na pel e mucosas– e signos de lesión hepática. 

A duración dos síntomas é variable, puntualiza Sanidade, de entre unha e dúas semanas, ata "varios meses nas formas graves". "Non se sabe que se produza infección crónica", matiza. 

A enfermidade, que ten un período de incubación de entre 15 e 50 días, coa media en 28-30 días, "adoita ser moi leve en nenos e máis grave nos adultos", especifica a Consellería. 

Por todo iso, subliña Sanidade que a "mellor protección fronte á hepatite A é a vacinación", recomendada nos contactos estreitos dos enfermos e en certos grupos de risco. "Para evitar contaxos é importante a hixiene de mans", conclúe. 

Detectado nun colexio de Lalín un brote de hepatite A
comentarios