Detectado un brote con seis positivos no Porriño

Un mozo contaxiou á súa noiva e a varios familiares
Personal sanitario hace la prueba PCR a una de las jóvenes asistentes a la fiesta de Córdoba. SALAS (EFE)
photo_camera Persoal sanitario fai a proba PCR a unha moza. EFE

A Consellería de Sanidade confirmou ao Concello do Porriño a localización neste municipio dun brote de coronavirus con polo menos seis positivos, segundo informaron fontes da corporación local. O primeiro contaxiado foi un mozo que transmitiu a enfermidade á súa noiva e aos familiares máis próximos de ambos.

Todos eles están illados nos seus domicilios e estáselles realizando un seguimento a través dos médicos de atención primaria do centro de saúde da localidade pontevedresa.

Sanidade trasladou á alcaldesa do Porriño, Eva García de la Torre, que o foco se localiza no centro da vila e que os rastreadores epidemiolóxicos investigan se houbo máis contagios. Realizaron unha serie de probas PCR cuxos resultados se coñecerán ao longo desta xornada, para determinar se o radio de contagios é máis amplo.

Comentarios