Detectado en Ourense o primeiro positivo cunha PCR polo rexistro de viaxeiros

O infectado, procedente de Santo Domingo, está illado
Un sanitario realizando un test PCR. EUROPA PRESS
photo_camera Un sanitario realizando un test PCR. EUROPA PRESS

A área sanitaria de Ourense rexistrou este sábado o seu primeiro caso de coronavirus derivado dunha PCR realizada de forma preventiva a unha persoa inscrita no novo rexistro de viaxeiros posto en marcha pola Xunta. 

Confirmárono fontes do área sanitaria, que precisaron que o infectado é un viaxeiro procedente de Santo Domingo que xa se atopa en illamento. 

A proba realizóuselle de forma preventiva tras inscribirse no rexistro obrigatorio de viaxeiros, posto en marcha esta mesma semana e que obriga a dar os seus datos ás persoas que proceden de lugares cunha incidencia de Covid-19 notablemente superior á galega ou dos que non hai informacións fiables. 

De acordo co protocolo, procedeuse tamén a rastrexar os contactos próximos, que xa gardan corentena.

Comentarios