Unha liorta entre mozas na madrugada do domingo terminou cunha arrestada e un axente da Policía Local cun dedo lesionado. Os feitos tiveron lugar sobre as 6.45 horas da madrugada ás portas dunha discoteca da rúa Pontevedra de Vigo.
A detida, que é acusada de agredir e cuspir a un axente, foi identificada como R.A.C, de 23 anos, natural de Zamora pero residente na cidade olívica.