lunes. 19.10.2020 |
El tiempo
lunes. 19.10.2020
El tiempo

Detido o dono dun local de Vigo no que se atoparon 1.500 pastillas e armas

Algúns obxectos, como armas e pastillas, incautados no establecemento. POLICÍA NACIONAL
Algúns obxectos, como armas e pastillas, incautados no establecemento. POLICÍA NACIONAL
A Policía descubriu a máis de medio cento de persoas reunidas e sen máscara cando accedeu ao establecemento

Axentes da Policía Nacional da Comisaría de Vigo detiveron a un veciño da cidade, de 48 anos de idade e dono dun local de hostalería da zona de Taboada Leal, como presunto autor dun delito de tráfico de drogas, tras descubrir no establecemento centos de pastillas, máis de medio centenar de persoas reunidas, sen máscara, algunhas consumindo drogas e tamén portando armas prohibidas. 

Segundo explicaron fontes policiais, a investigación iniciouse a principios de mes, ao ter sospeitas de que podería haber un punto negro de distribución de drogas na zona de Taboada Leal. 

Como resultado das pescudas, os axentes detectaron este local que, a partir das 1.00 horas da madrugada, pechaba ao público só en aparencia. Así, durante as vixilancias, comprobouse que seguían chegando clientes máis aló desa hora e que, unha vez na porta, chamaban por teléfono e púñanse diante dunha cámara exterior de seguridade para que os identificasen e permitísenlles o acceso. 

Unha madrugada, os axentes contabilizaron a entrada de máis de 15 persoas polo que, pasadas as 3.00 horas e, aproveitando a entrada dunha desas persoas, os axentes bloquearon o peche da porta e entraron ao establecemento, nun operativo no que contaron con apoio da Policía Local. 

Unha vez no interior, comprobaron que había máis de medio centenar de persoas reunidas, sen máscara, moitos deles fumando. Ao cachear aos presentes, a Policía incoou diversas propostas de sanción, por non portar máscara, por consumir drogas e por tenencia de armas prohibidas. Así, os axentes incautáronse de varias navallas, armas de fogo simuladas, un machete, unha bate de béisbol, ou unha chave de puxilato, entre outras armas.

MÁS DE 1.500 PASTILLAS. Ao rexistrar o interior do almacén do local, os axentes localizaron, ocultas baixo unha escaleira, varias caixas con pastillas (máis de 1.500 comprimidos de metadona, benzodiacepinas e tranquilizantes), así como sustancias para a transformación e venda de drogas

Por outra banda, no local vendíase tabaco de forma irregular, sen dispor de máquina expendedora, e había dispositivos de amplificación de son que carecían dos permisos oportunos. 

Por todos estes feitos os axentes detiveron ao dono do establecemento, que foi trasladado a Comisaría, onde se comprobou que lle constan 6 antecedentes policiais, algúns deles por feitos similares aos investigados agora. 

As dilixencias practicadas e o home detido foron postos a disposición do xulgado de instrución de garda de Vigo.

Detido o dono dun local de Vigo no que se atoparon 1.500 pastillas...
comentarios