A Policia Nacional de Monforte detivo un veciño da cidade despois de que unha nai denunciase que agarrou á súa filla dun brazo e díxolle que se fose con el. O home, que padece unha enfermidade mental, xa protagonizou outros altercados no pasado.
Segundo a denuncia da nai, cando a menor baixou do coche o home agarrouna polo brazo aproveitando que a nai estaba entretida. A nena comezou a gritar e o home escapou. A muller non presentou naquel momento a denuncia porque non puido identificar o presunto agresor. Fíxoo ao dia seguinte cando o volveu a ver na rúa e puido comprobar que se trataba da mesma persoa. Acudiu á comisaría cunha fotografía súa e inmediatamente foi detido.
Os feitos ocorreron preto da Rúa Cardeal, en pleno centro da cidade.
A través das redes sociais difundiuse unha mensaxe cunha foto dun home, que é identificado como o detido, e unha mensaxe de advertencia.