A Garda Civil detivo a un veciño de Rianxo, cuxo nome responde as iniciais J.D.F., de 28 anos, por un suposto delito contra a saúde pública, por tráfico de drogas, no transcurso dunha inspección realizada nun céntrico bar da localidade de Valga.
A inspección levou a cabo a pasada semana pola patrulla de seguridade cidadá da compañía de Vilagarcía, co apoio da Patrulla Fiscal Territorial e o Servizo Cinolóxico cun can detector de drogas.
No interior do establecemento procedeuse á detención deste cliente ao que se lle interviñeron 14 envoltorios de cocaína (9,20 gramos); 5,40 gramos de haxix, 375 euros e dous teléfonos móbiles.
O detido foi posto a disposición do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución dos de garda do Caldas de Reis que decretou a súa liberdade provisional con cargos.
Este tipo de actuacións forman parte do plan operativo de resposta policial ao tráfico comerciante polo miúdo e consumo de drogas en zonas, lugares e locais de lecer e diversión deseñado pola Secretaria de Estado de Seguridade co fin de reducir a oferta de drogas ao consumidor.