Detido en Vigo por empuxar a un camareiro e intentar agredir a varios axentes 

Os feitos ocorreron sobre as 21.30 horas do pasado sábado nunha taberna da cidade

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron por delitos de ameazas e agresión a un home de 56 anos, nacido en Marrocos e domiciliado en Vigo, que ameazou aos clientes dunha taberna, empuxou a un camareiro e intentou a agredir aos axentes. 

Segundo informou a Policía Local, sobre as 21.30 horas deste sábado, unha patrulla desprazouse a unha taberna situada na rúa Gil, onde supostamente un individuo "moi violento" ameazaba aos clientes. 

No exterior do local, varias persoas indicaron que dentro había un home en actitude violenta, polo que os axentes accederon ao interior. Alí atoparon a un home gritando e en actitude ameazante, ao que lle pediron que se tranquilizase, aínda que o home respondeu intentando agredilos.

Ante esta situación, procederon a deter o home, que responde ás iniciais M.Z. Ademais, o xerente do establecemento manifestou que o mesmo individuo insultou e ameazou aos clientes, empuxou a un camareiro e nun momento dado non deixou entrar nin saír a ninguén. 

Comentarios