viernes. 17.09.2021 |
El tiempo
viernes. 17.09.2021
El tiempo

Detido en Viveiro por presuntos abusos sexuais á filla de 12 anos da súa parella

Comisaría de Viveiro. AMA
Comisaría de Viveiro. AMA
Aproveitaba que a nai estaba a traballar para abusar da menor

Un home de mediana idade foi detido en Viveiro pola Policía Nacional como presunto autor dun delito de abusos sexuais á filla da súa parella sentimental, de 12 anos de idade. 

As forzas da orde actuaron alertados polo centro de saúde, tras o que se iniciaron as xestións para localizar ao home, que se atopaba fose do país e que foi detido ao volver a Viveiro, onde residía, pero de onde non é natural.

As investigacións revelaron que o home aproveitaba a ausencia da nai do domicilio, do que faltaba por estar a traballar, para abusar presuntamente da moza, aproveitando a relación de superioridade que a unía coa menor, algo que ao parecer fixo en varias ocasións.

O home foi posto a disposición xudicial e decretouse o seu ingreso en prisión.

Detido en Viveiro por presuntos abusos sexuais á filla de 12 anos...