Seis detidos e 38 quilos de heroína incautados nun operativo en Arousa

Foron incautados 38 quilos de heroína

Los agentes introducen a uno de los detenidos en Meaño. CEDIDA
photo_camera Los agentes introducen a uno de los detenidos en Meaño. CEDIDA

Seis persoas foron detidas o domingo no marco dunha operación antidroga na comarca de Arousa na que se incautaron 38 quilos de heroína e que chamou poderosamente a atención de veciños e viandantes, dado que se despregou a plena luz do día.

A Policía Nacional detivo a unha sexta persoa fóra de Galicia, segundo confirmaron a Europa Press fontes próximas á investigación, da que se encarga a Central de Estupefacientes da Policía Nacional de Madrid. Cinco dos arrestados son de nacionalidade búlgara e o outro é un cidadán galego residente en Bélxica. Así o confirmou este luns, a preguntas dos medios, o delegado do Goberno en Galicia, Santiago Villanueva, quen puntualizou que o operativo "está aberto" por parte "da Unidade Central de Policía do Greco". 

As mesmas fontes consultadas engadiron que se trata dun caso en investigación relacionado co tráfico de drogas no que os arrestados o domingo están pendentes de pasar a disposición xudicial. 

OPERATIVO. Así, o operativo policial, chamou a atención de numerosas testemuñas da zona de Rubiáns, posto que a operación realizouse pouco despois do tres da tarde, no interior dun coñecido restaurante asador da zona, e os detidos foron vistos no aparcadoiro, custodiados por fortes medidas de seguridade. Unha segunda actuación do operativo situouse na zona de Renza, Vilagarcía, dentro doutro bar.


A MEDIODÍA. No caso de Meaño, as testemuñas presenciais observaron como dous coches da Policía Secreta e outra patrulla máis se presentaron no local e os axentes, de inmediato, entraron, pistola en man, ao interior das instalacións.

As mesmas fontes apuntan a que unha muller e dous homes saíron esposados, un intre despois, do interior das instalacións da churrasquería de Rubiáns.

Os axentes das comisarías de Vilagarcía e Pontevedra participaron no operativo coordinados pola Fiscalía Antidroga. Segundo estas mesmas fontes, os detidos serían sospeitosos de participar nunha rede de distribución de cocaína a mediana escala desde o corazón do Salnés.

Comentarios