Cinco detidos por menudeo de drogas nas comarcas de Caldas e O Salnés

O operativo saldouse con case 2.300 dose de estupefacientes intervidas

Un guardia civil muestra la droga encontrada oculta en un vehículo. ARCHIVO
photo_camera Un garda civil mostra a droga atopada oculta nun vehículo. ARQUIVO

Cinco persoas foron detidas e case 2.300 doses de estupefacientes intervidas no marco dun dispositivo especial despregado pola Garda Civil o pasado fin de semana de distintas localidades das comarcas pontevedresas do Salnés e Caldas. 

Segundo informou o instituto armado, a primeira intervención levouse a cabo o xoves 28 de marzo na localidade de Vilanova de Arousa. No transcurso dun punto de verificación de vehículos, a patrulla rural da Compañía da Garda Civil de Vilagarcía de Arousa procedeu á detención dun veciño de Catoira de 41 anos que levaba oculto no interior do vehículo 110 dose de heroína, 40 de speed e 1.400 euros en efectivo

Ao día seguinte detívose en Caleiro un menor de idade, de 16 anos, veciño de Vilagarcía de Arousa, cando levaba 50 gramos de haxix ocultos entre a súa roupa.

Os detidos, as drogas e os vehículos intervidos foron postos a disposición das respectivas autoridades xudiciais

OUTROS ARRESTOS. Mentres, o martes día 2 de abril foi detido en Caldas de Reis un veciño de Lugo de 35 anos cando circulaba nun vehículo, en cuxo interior atoparon 1.600 doses de cocaína. 

Este mesmo día tamén foron detidos en Caldas de Reis os dous ocupantes doutro vehículo: o condutor de 27 anos e a súa compañeira, de 28, ambos veciños da localidade coruñesa Ames. Ao rexistrar o vehículo, a patrulla da Compañía de Vilagarcía atopou escondidas outras 500 doses de cocaína, sinalaron as mesmas fontes. 

Tanto os detidos como as drogas e os vehículos intervidos foron postos a disposición das respectivas autoridades xudiciais, os xulgados de Instrución de garda de Vilagarcía de Arousa, Caldas de Reis e Fiscalía de Menores.  Con estas actuacións, que forman parte do plan preventivo que ten establecido a Garda Civil na provincia de Pontevedra para erradicar a venda e distribución de drogas a pequena escala, este corpo "conseguiu impedir que algo máis de 2.000 doses de distintas drogas chegasen aos consumidores en zonas de lecer e diversión", subliñou a Benemérita. 

Comentarios