Detidos por roubar un bolso dunha furgoneta en Cangas con 13.000 euros dentro

O diñeiro, relatou o denunciante do furto, estaba destinado a pagar as facturas do material e as nóminas dos empregados da súa empresa de construción

 

A muller atopouse a cantidade repartida en billetes de 50 euros. EP
photo_camera Billetes de euro. EP

A Garda Civil detivo a finais do pasado mes a tres mozos que subtraeron un bolso do interior dun vehículo estacionado nunha céntrica rúa de Cangas e que contiña 13.000 euros, segundo informaron este venres fontes do instituto armado. O diñeiro, relatou o denunciante do furto, estaba destinado a pagar as facturas do material e as nóminas dos empregados da súa empresa de construción.

Detallou que deixou o vehículo sen pechar con chave e ausentouse durante un breve espazo de tempo, e ao regresar decatouse de que lle faltaba o bolso que contiña o diñeiro. Por mor dos testemuños solicitados, a Garda Civil centrou as súas pescudas nunha parella de mozas que residían nunha vivenda deshabitada no arrabalde de Cangas.

Ao día seguinte, ambos foron localizados nun establecemento hostaleiro de Poio no que estaban aloxados xunto con outro home ao que tamén considerou sospeitoso. Os tres foron sometidos a un seguimento grazas ao cal os axentes comprobaron que levaban un tren de vida que non se axustaba aos seus medios económicos.

A Garda Civil detivo de novo á parella cando regresou ao seu domicilio habitual en Cangas e nese momento fóronlles intervidos 2.100 euros en metálico que levaban consigo. Horas máis tarde foi arrestado, tamén en Cangas, o terceiro sospeitoso como colaborador necesario na comisión do furto.

As investigacións non concluíron ata que días despois volveu ser localizada a parella aloxada, nesta ocasión, nun hotel de Cangas. A Garda Civil conseguiu recuperar outros 4.000 euros que a parella escondera no domicilio dos pais dun dos detidos.

Tras pasar a disposición xudicial, os tres detidos quedaron en liberdade con obrigación de comparecer cando sexan requiridos.

Comentarios