Dous detidos por un roubo con intimidación e uso de armas en Pazos de Arenteiro

Os feitos sucederon o pasado 18 de maio, cando dúas persoas de 32 e 39 anos asaltaron o domicilio dun matrimonio de avanzada idade

El militar detenido fue trasladado en una furgoneta de la Guardia Civil. EFE
photo_camera Unha furgoneta da Garda Civil. EFE

A Unidade Orgánica da Policía Xudicial da Comandancia da Garda Civil de Ourense detivo no marco da denominada 'Operación Castle', que está dirixida polo xulgado de instrución do Carballiño, a dúas persoas con idades comprendidas entre os 32 e 39 anos, como presuntos coautores dun delito de roubo con intimidación e uso de armas nunha vivenda de Pazos de Arenteiro.

A operación remóntase ao pasado 18 de maio despois de que varias persoas se reunisen para perpetrar un roubo nunha vivenda, na que se atopaban un matrimonio de avanzada idade e a súa coidadora.

Segundo informou a Comandancia de Ourense, dúas dos asaltantes accederían ao seu interior encapuchados e portaban dúas armas. Tras atar aos moradores, haberían intentando forzar a caixa forte mentres un deles vixiaba no exterior. En total, os ladróns subtraeron xoias, 1.500 euros e os teléfonos móbiles dos moradores que lograron pedir axuda.

Os ladróns subtraeron xoias, 1.500 euros e os teléfonos móbiles dos moradores que lograron pedir axuda

Estas detencións súmanse á do arrestado o 18 de maio grazas á colaboración veciñal. A Garda Civil atribúelles un delito de roubo con intimidación e uso ilícito de armas. A operación segue aberta e non se descartan novas detencións