sábado. 08.08.2020 |
El tiempo
sábado. 08.08.2020
El tiempo

Diminúen os pasaxeiros de Lavacolla en xullo mentres soben Alvedro e Peinador

Pasaxeiros en Lavacolla. PEPE FERRÍN (AGN)
Pasaxeiros en Lavacolla. PEPE FERRÍN (AGN)

No que vai de ano, a terminal coruñesa é a que máis creceu

O número de pasaxeiros que utilizou o aeroporto de Santiago en xullo descendeu un 2,3 por cento respecto ao mesmo mes de 2017, mentres que na Coruña aumentou un 6,1 por cento e en Vigo, un 3,7 por cento.

Segundo os datos que publica este luns Aena, o aeroporto compostelán de Lavacolla sumou 265.768 pasaxeiros en xullo, o aeródromo vigués de Peinador alcanzou os 117.252 usuarios e o coruñés de Alvedro quedou en 117.074.

Estes datos chegan da man de 2.090 operacións en Santiago, 1.732 na Coruña e 1.301 en Vigo; en transporte de mercancías, Peinador viu 344 toneladas (476 % máis), Lavacolla moveu 263 toneladas (13,5 % máis) e Alvedro quedou en 16 (13,1 % de subida). 

Respecto de xullo de 2017, Santiago baixou un 2,3 % os seus pasaxeiros e aumentou un 0,9 % as súas operacións; A Coruña subiu un 6,1 % os usuarios e un 22,7 % as operacións; e Vigo viu un 3,7 % máis de persoas e un 3,4 % máis na categoría de voos.

No acumulado entre xaneiro e xullo, Santiago de Compostela xa alcanzou os 1.565.139 pasaxeiros (3,7 % de aumento), A Coruña suma 701.791 (7,1 % máis) e Vigo alcanza 621.432 (4 % máis).

Os tres aeroportos galegos teñen máis operacións nos primeiros sete meses do ano e tanto Santiago como Vigo aumentan en transporte de mercancías, mentres A Coruña baixa un 8,9 por cento. 

Diminúen os pasaxeiros de Lavacolla en xullo mentres soben Alvedro...
comentarios