Dimite a concelleira de Ferrol en Común María Teresa Riveira por "motivos persoais"

María Teresa Riveira era a edil de Benestar Animal, Mocidade e Minorías Étnicas no goberno municipal de Jorge Suárez

A concelleira de Ferrol en Común (FeC) no Concello ferrolán María Teresa Riveira, ata agora edila de Benestar Animal, Mocidade e Minorías Etnicas, presentou á primeira hora da mañá deste luns, no Rexistro Xeral do Concello, a súa dimisión, para a que alegou "motivos persoais".

Riveira concorreu nas pasadas eleccións do mes de maio no número 4 da candidatura liderada polo alcalde de Ferrol, Jorge Suárez, e está vinculada á corrente crítica de inscritos de Podemos.

O número 7 desta lista electoral, Luis Miguel Victoria Gallego, tamén desta mesma agrupación, dos inscriptos de Podemos, tomará posesión da súa acta de edil unha vez autorizado o seu nomeamento por parte da Xunta Electoral Central, xa que xa avanzou o seu desexo de formar parte da corporación local. Ferrol en Común é unha coalición formada por representantes de Esquerda Unida (EU), Anova e inscriptos de Podemos.

Comentarios