Dous evacuados tras a explosión do depósito dunha moto nun taller de Arteixo

Ambos os dous sufriron queimaduras a causa do sinistro

Dous operarios dun taller de Arteixo (A Coruña) tiveron que ser evacuados polas queimaduras que sufriron ao explotar o depósito dunha moto. Ambos foron trasladados ao Complexo Hospitalario Universitario da Coruña (Chuac). 

Segundo informa o 112, ademais do estalido, declarouse un pequeno incendio que foi extinguido polos traballadores do taller cun extintor. 

Os feitos tiveron lugar no Alto de Pastoriza sobre as 13,05 horas da tarde, momento no que o 061-Urxencias Sanitarias alertaba ao 112 Galicia do ocorrido. 

Seguidamente, o persoal do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) puxo a situación en coñecemento de Protección Civil, dos Bombeiros de Arteixo e da Policía Local.