Dous feridos tras un accidente entre un cabalo e unha motocicleta no Porriño

O accidente produciuse cerca do Faro de Budiño, cando ambos circulaban pola estrada de subida ao faro
Ambulancia do 061. ARQUIVO
photo_camera Ambulancia do 061. ARQUIVO

Dúas persoas resultaron feridas e unha delas tivo que ser hospitalizada este mediodía logo de chocar un cabalo e unha motocicleta no municipio de Porriño.

O accidente, segundo informou o 112 Galicia, produciuse cerca do Faro de Budiño, cando ambos circulaban pola estrada de subida ao faro. 

Ambos os feridos estaban liberados e accesibles, de modo que o 112 mobilizou aos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e a axentes de Tráfico e Policía Local. 

Ademais, informouse aos Bombeiros do Baixo Miño e aos voluntarios de Protección Civil da localidade por se fose necesaria a súa colaboración.

Finalmente, un dos feridos foi trasladado en ambulancia ata o Hospital Álvaro Cunqueiro. 

Comentarios