Dous feridos nunha saída de vía na A-6 ao seu paso por Oza-Cesuras

Outra persoa sufriu feridas nun accidente entre un camión con guindastre e un coche en Paderne

Dúas persoas resultaron este mércores feridas ao saírse da autovía A-6 o vehículo no que viaxaban, ao seu paso pola localidade coruñesa de Oza-Cesuras, segundo informa Urxencias 112.

O accidente ocorreu pouco antes das cinco da tarde no quilómetro 566, en sentido Lugo. O 112 avisou de inmediato aos Bombeiros de Betanzos, ao Grupo de Urxencias Supramunicipais de Curtis e á Garda Civil de Tráfico.

Os dous feridos foron trasladadas ao Hospital San Rafael da Coruña.

Así mesmo, unha hora antes outra persoa sufriu feridas nun accidente entre un camión cun guindastre e un coche en Paderne.

Comentarios