lunes. 12.04.2021 |
El tiempo
lunes. 12.04.2021
El tiempo

Dous mozos de Santa Comba que volvían de festa resultan feridos nun aparatoso accidente

Estado no que quedou o vehículo accidentado. GARDA CIVIL
Estado no que quedou o vehículo accidentado. GARDA CIVIL
Son dous veciños de Santa Corda de 25 e 23 anos. O condutor triplicaba a taxa de alcoholemia

O Destacamento de Tráfico de Corcubión investiga un accidente de circulación grave no que resultaron feridos dous mozos veciños de Santa Comba. Ao parecer, volvían a casa tras pasar a noite nunha festa en pleno Estado de Alarma. O condutor triplicaba a taxa de alcol permitida.

Os feitos tiveron lugar no quilómetro 14,647 da AC-546. O vehículo saíuse da vía e percorreu sen control uns 160 metros ata que chocou contra unha glorieta. O motor e restos da carrocería quedaron esparexidos pola estrada.

Os dous ocupantes do turismo, de 25 e 23 anos, resultaron feridos. O copiloto sufriu feridas de maior gravidade e foi trasladado en ambulancia ata un centro hospitalario.

O condutor triplicaba a taxa de alcoholemia permitida -0,76 e 0,74mg/l en aire expirado- e deu negativo na proba de drogas.

O Equipo de Atestados do Subsector de Tráfico da Coruña desprazouse ao lugar para realizar unha reconstrucción do sinistro viario e así poder esclarecer as causas do mesmo.

Dous mozos de Santa Comba que volvían de festa resultan feridos nun...
comentarios