sábado. 05.12.2020 |
El tiempo
sábado. 05.12.2020
El tiempo

Dous novos falecidos por covid elevan a 882 as vítimas mortais da pandemia en Galicia

Urxencias de Montecelo. RAFA FARIÑA
Urxencias de Montecelo. RAFA FARIÑA
Un dos defuntos procedía da residencia Os Gozos, de Pereiro de Aguiar

As autoridades sanitarias galegas comunicaron este martes o falecemento de dous homes diagnosticados con covid-19. Estas dúas mortes elevan a 882 as vítimas en Galicia desde que se iniciou a pandemia. 

Os falecidos son un home de 87 anos que estaba ingresado no Chup de Pontevedra e outro de 77 ingresado no Chuo de Ourense e que procedía da residencia Os Gozos, de Pereiro de Aguiar. Un total de 32 usuarios deste centro xeriátrico, intervido pola Xunta, faleceron con covid-19 —13 na propia residencia e 19 no hospital—. 

Os dous homes que perderon a vida este martes tiñan patoloxías previas. Sanidade comunica o seu falecemento un día despois de notificar 12 mortes de positivos con covid-19 na comunidade, a cifra máis alta rexistrada nunha xornada na segunda vaga da pandemia. 

A primeira morte computada na comunidade na denominada 'nova normalidade' foi a dunha muller o 7 de agosto. Antes diso, Galicia encadeara case dous meses —desde o 10 de xuño sen decesos relacionados co coronavirus. 

Dous novos falecidos por covid elevan a 882 as vítimas mortais da...
comentarios