Galicia suma dous novos mortos con coronavirus mentres se reducen os pacientes

Parte de la fachada del Complejo Hospitalario Universitario de A Coruña (Chuac). CABALAR (EFE)
photo_camera Parte da fachada do Complexo Hospitalario Universitario de A Coruña (Chuac). CABALAR (EFE)

O número de vítimas mortais do coronavirus en Galicia elevouse este sábado a 613, trala confirmación nas últimas horas de dous novos falecementos rexistrados en hospitais galegos; ademáis da dun terceiro paciente que falecía este sábado. Segundo os datos facilitados pola Consellería de Sanidade, trátase dun home de 79 anos ingresado no Chuac, dunha muller de 88 anos que permanecía no Chuo e dun home de 87 que se atopaba no Chus. Os tres presentaban patoloxías previas . 

O balance de Sanidade tamén reflicte un descenso de casos activos na comunidade, que son 884. É dicir, 36 menos que o venres. A súa distribución por áreas sanitarias é o seguinte: 221 na de A Coruña, 56 en Lugo, 127 en Ourense, 37 en Pontevedra, 264 en Vigo, 151 en Santiago e 28 en Ferrol. Esta última é a única na que non se reducen os casos, porque mantén a cifra da xornada anterior.

Do total de pacientes positivos, 11 permanecen na Uci, 66 están en unidades de hospitalización e 807 en domicilio. A cifra de curados elevouse a 9.684. Ata agora realizáronse 133.153 probas PCR.

Comentarios