sábado. 24.10.2020 |
El tiempo
sábado. 24.10.2020
El tiempo

Duascentas persoas piden unha Plataforma Antifascista Galega

Xosé Manuel Beiras. CABALAR (EFE)
Xosé Manuel Beiras. CABALAR (EFE)
Subliñan que o fascismo é a ferramenta que historicamente se utilizou "en momentos de profundas crises" para cargar contra as clases populares

Ao redor de 250 persoas, entre as que destacan Xosé Manuel Beiras (Anova) ou Ana Miranda (BNG) subscribiron un manifesto pedindo a constitución dunha Plataforma Antifascista Galega.

A través dunha páxina web, un grupo de persoas de distintos ámbitos da sociedade política e civil de Galicia impulsaron este manifesto ao entender que ante "a eclosión do fascismo" é necesario "tecer amplas unidades de converxencia, xenerosidade e altura de miras".

Subliñan no escrito que o fascismo é a ferramenta que historicamente utilizouse "en momentos de profundas crises" para cargar contra as clases populares e frear as reivindicacións.

Fronte ao auxe deste movemento, os asinantes consideran necesario "mobilizar ao pobo traballador galego contra esta ofensiva reaccionaria e na defensa dos dereitos e conquistas laborais e sociais ameazadas".

Para iso, sosteñen, tamén se debe "disputar a hexemonía cultural e ideolóxica entre os sectores populares"

Duascentas persoas piden unha Plataforma Antifascista Galega
comentarios