O PP de Ourense denuncia varios delitos electorais en Cortegada e A Veiga

No primeiro caso, por acusacións "sen fundamento" relacionadas coa actividade do consistorio e, no segundo, por supostas "ameazas" a veciños para conseguir o seu voto

O PP de Ourense informou este xoves da presentación de sendas denuncias ante a Xunta Electoral por dous presuntos delitos electorais en Cortegada e A Veiga, Ourense, no primeiro caso por acusacións "sen fundamento" relacionadas coa actividade do consistorio e no segundo por presuntas "ameazas" a veciños para conseguir o seu voto.

O PP denuncia, nun comunicado, que o PSOE de Cortegada realizou un díptico de campaña onde se verten acusacións contra a candidatura do PP", que lidera Avelino de Francisco. Nel, os socialistas aluden á existencia de "cobros de facturas irregulares no Concello".

Segundo os populares, trátase de "unha acusación sen fundamento do PSOE local cara a uns concelleiros que hai semanas compartían militancia no seu propio partido", e instáronlles a que se teñen constancia de feitos deste calibre presenten denuncia xudicial, "e non mediante folletos que se lle están enviando ás casas dos veciños de Cortegada", indícase.

Doutra banda, o PP denunciou que o candidato número dous da Agrupación de Veigueses Independentes (AVI), Rogelio García Mata, proferiría "ameazas aos seus veciños" para conseguir os seus votos, "aproveitando a súa profesión de médico".  Na denuncia, que foi presentada na Xunta Electoral de zona de Valdeorras acusan o candidato de ameazar aos seus veciños para o que lles dixo que pola súa profesión tiña "influencia no hospital do Barco" e os seus irmáns, en Ourense.

Comentarios