Unha embarazada de 37 anos morre na Coruña con coronavirus

Practicáronlle unha cesárea, pero a criatura naceu morta
Hospital Teresa Herrera de A Coruña. GOOGLE MAPS
photo_camera Hospital Teresa Herrera da Coruña. GOOGLE MAPS

[AVANCE] Unha muller embarazada de 37 anos de idade e infectada por coronavirus faleceu este domingo no Hospital Materno Infantil da Coruña tras ser sometida a unha cesárea na cal se lle extraeu á criatura, que naceu morta, segundo confirmaron a Europa Press fontes sanitarias coñecedoras do caso. 

A muller, que tiña unha patoloxía crónica previa, sentiu mal este sábado pola noite e presentaba febre. Cando ingresou este domingo pola mañá foi sometida á proba para determinar se estaba infectada con covid-19, dado o seu estado febril e a que ía ser conducida a quirófano para practicarlle unha cesárea, un test que deu positivo. 

Comentarios