A neve volverá en pleno maio

A cota situarase nos mil metros na mañá do sábado nas montañas de Lugo e Ourense

Una joven se protege de la lluvia bajo un paraguas
photo_camera A Choiva comezará pola provincia da Coruña o venres e estenderase por toda a comunidade. ARQUIVO

Unha borrasca entrou en Galicia este venres traendo consigo auga e un notable descenso das temperaturas, tanto así que o sábado, en pleno mes de maio, incluso podería nevar a partir dos 1.000 metros na montaña de Lugo e Ourense. 

E é que para a xornada sabatina agárdase a entrada de aire frío. A previsión apunta a ceos anubrados e chuvascos intermitentes, que poderán caer acompañados de saraiba e neve por riba dos mil metros ao principio do día na montaña de Lugo e Ourense, subindo a cota ata os 1.200 - 1.400 metros xa pola tarde.

A semana rematará cunha lixeira mexoría, xa que o domingo Galicia estará nunha situación intermedia entre o anticiclón das Azores e unha borrasca localizada preto de Irlanda. 

Agárdanse para esa xornada ceos moi anubrados e algunha precipitación feble, máis probable na metade norte. As temperaturas non terán cambios moi significativos e continuarán a ser baixas para esta época do ano, con máximas que non pasarán dos 15 graos nas cidades galegas, agás en Ourense, onde poden chegar aos 19.

Comentarios