Espazo Común pecha un acordo de coalición con Recortes Cero e Os Verdes

A formación liderada por Pachi Vázquez concorrerá aos comicios do 5 de abril pola provincia de Ourense
Coalición Espazo Común
photo_camera Coalición Espazo Común. DP

A formación impulsada polo que fose secretario xeral do PSDEG Pachi Vázquez, Espazo Común, pechou un acordo de coalición para as eleccións autonómicas con Recortes Cero e Os Verdes para a provincia de Ourense. 

Diso informou a organización nun comunicado, no que destaca que se afianza "con paso firme" o proxecto lanzado por Espazo Común para pelexar porque a provincia de Ourense teña presenza e capacidade de defender os seus "pisados dereitos".

"O obxectivo é claro: que, como mínimo, 10.000 dos 300.000 habitantes da provincia tomen conciencia de que é xa tempo de que Ourense dedica", subliñan a organización fundada por Pachi Vázquez. 

Así mesmo, destaca que este acordo busca "formar un fronte o máis amplo posible" para conseguir este obxectivo. "é por iso que cremos que a conxunción do coñecemento do territorio e a defensa innegociable da Galicia máis desfavorecida de Espazo Común, xunto coa forza ideolóxica de progreso, reequilibrio de recursos e defensa da contorna natural das organizacións Recortes Cero e Os Verdes, encaixa de forma perfecta para axuntar esforzos de face a esta convocatoria electoral", indica. 

Deste xeito, Espazo Común considera que o 5 de abril pode e debe de ser o principio dun novo tempo. "E todos aqueles que traballamos contra vento e marea para evitar un Ourense baleiro temos que unirnos e plantar cara ás políticas coas que todos os partidos tradicionais levan anos castigando a esta terra", finaliza. 

Comentarios