O esqueleto da balea de Ponteceso exporase como reclamo turístico

O corpo do cetéceo está a ser troceado para facilitar a súa retirada do areal de Balarés

Despiece de la ballena de Ponteceso. CRTV
photo_camera Despiece da balea de Ponteceso. CRTV

A balea que apareceu varada o pasado sábado na praia de Balarés, en Ponteceso, comezou a ser troceada para ser retirada do areal.

Os restos orgánicos do cetáceo serán trasladados á planta de Cerceda para incineralos despois de que os biólogos analicen unhas mostras co fin de esclarecer as causas da súa morte. Pola súa banda, o Concello de Ponteceso quedará co esqueleto do animal para mostralo como reclamo turístico nun futuro, aínda que polo momento permanecerá enterrado nun sarcófago cerca do Polígono Industrial de Ponteceso, á espera de poder tratalo para a súa exposición.

Comentarios