Extinguido un lume en Vilardevós que supera as 45,6 hectáreas calcinadas

O incendio declarado en Vilalba quedou extinguido tamén

Incendio en Vilalba. MARTA MANCEBO
photo_camera Incendio en Vilalba. MARTA MANCEBO

O incendio forestal iniciado na parroquia de Terroso, no municipio ourensán de Vilardevós, foi extinguido ás 20.27 horas da tarde deste mércores tras queimar 45,6 hectáreas de monte raso. 

Diso informou este mércores a Consellería de Medio Rural nun comunicado, no que recordou que o lume comezaba ás 20.31 horas do martes. Nas tarefas de extinción participaron desde o inicio do incendio un total de 17 brigadas, oito motobombas, catro axentes e dúas pas. 

Ademais, outro incendio rexistrado no concello lucense de Vilalba, na parroquia de Vilapedre, quedou extinguido ao 00.11 horas deste mércores tras afectar, segundo os últimos datos, a unha superficie de 35,91 hectáreas de monte raso. 

Comentarios