O estudo epidemiolóxico do Sergas sitúa a prevalencia no 1,15% en Galicia

O traballo revela que é maior en mulleres que en homes
Confinamiento en Galicia
photo_camera Beirarrúas de sentido único en Santiago. PEPE FERRÍN

O conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, asegurou que a primeira onda do estudo epidemiolóxico levado a cabo polo Sergas en Galicia sitúa a prevalencia do covid-19 no "1,15 por cento da poboación, máis en mulleres que en homes". 

Así o indicou preguntado sobre os resultados da primeira fase do estudo epidemiolóxico do Sergas con máis de 50.000 test realizados para coñecer a circulación do virus en Galicia. Segundo ratificou, están "a terminar" cos datos da primeira onda e apuntou que "en breve", nun "par de días" presentarán os resultados. 

Con todo, reiterou que os "datos globais" apuntan a que "a prevalencia é baixa, como se sospeitaba", con "1,15 por cento" de prevalencia. "Comparado con outras áreas de España, polo estudo do Ministerio, (a prevalencia en) Galicia está baixa". 

"Non houbo a circulación que esperabamos todos", recoñeceu Almuiña. "Desde logo preferiamos que houbese algo máis de circulación para esa inmunidade de grupo, pero a realidade é esta", ,apostilou, "en toda España, non só en Galicia", puntualizou. 

Con todo, o titular de Sanidade insistiu en que, por iso, hai que seguir "potenciando o diagnóstico precoz e illamento para evitar que o virus circule". 

Comentarios